www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

O Artelixo adianta a súa celebración para animar a participación de colexios e rapazada
Cultura • 24/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Neste edición o certame, que fomenta a reflexión medioambiental e a elaboración de obras de arte con material de refugallo, celebrarase entre o 16 e o 22 de abril. Os interesados en participar deben enviar as súas propostas antes do 8 de abril ao enderezo artelixoredondela@gmail.com. Ademais do cambio de datas o Artelixo 2017 presenta importantes novidades como un obradoiro familiar na Praia de Cesantes ou as convocatoria dun certame audiovisual "lixoTube" e unha exposición fotográfica.


Este ano o Artelixo adianta ao mes de abril a súa celebración coa intención de que poidan participar os rapaces e rapazas nos colexios e institutos. Unha convocatoria aberta tamén a escultores, pintores, músicos ou público en xeral que queira participar cunha obra a este proxecto cuxo prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 8 de Abril. O único que hai que facer é enviar un correo a artelixoredondela@gmail.com para que a organización poida definir o emprazamento de cada unha das obras en acordo co seu autor.


O certame deste ano inclúe propostas xa habituais como o "Sonalixo" que inclúe actuación musicais ou o recital poético "parnalixo" pero nesta edición inclúe dúas novidades, un certame audiovisual lixento no que poderán participar vídeos en  Mp4 cunha duración máxima de 3 minutos e a Fotolixo, unha exposición que encherá tamén as rúas de Redondela de imaxes nas que reflexionar sobre o lixo, o seu tratamento, a súa reciclaxe ou calquera outra fotografía en torno ao lixo.


Amplíanse tamén os obradoiros con material de refugallo destinados ao público infantil e familiar cunha proposta que se desenvolverá na praia de Cesantes, o obradoiro "Crebeirar.te" con Carmen Hermo que prestará atención ao lixo e material que o mar devolve a terra e co que se farán tamén obras de arte.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: