www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

A comedia "Como sobrevivir a unha apocalipse zombi" chega a Redondela
Cultura • 23/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Baixo a dirección de Manuel Pombal, de Fulano, Mengano e Citano, os actores Bea Campos (Triatreros) Marcos Alonso e Xoán Abreu (Avento Produccións) e Suso Pando (Fulano, Mengano e Citano) súbense ao escenario para ensinarnos as claves de cómo sobrevivir a unha apocalipse de mortos viventes. Unha comedia participativa que se poderá ver o domingo ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están xa a venda a un prezo de 5€ (3€ entrada reducida).


Unha comedia que se desenvolve a modo de master class, con moita participación do público, e cuxo único obxectivo é divertir, así a define Suso Pando quen animar a público de todos as idades a asistir aínda que marcando tamén que con este espectáculo buscase atraer ao teatro a un público novo que moitas veces non pensa neste xeito de divertimento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: