www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Concerto de Pablo Carpintero no Multiusos
Cultura • 30/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A música tradicional galega será a protagonista do concerto didáctico que esta tarde ofrecerá o músico e investigador Pablo Carpintero. Un concerto de balde organizado pola Concellería de Normalización Lingüística ás 20:00 horas.


A través desta actuación, Carpintero pretende achegar ao público a gran riqueza da música galega a través do coñecemento dalgúns instrumentos dos 200 diferentes que documentou nos máis de 15 anos de investigación na tradición musical da nosa comunidade.


Cada un dos instrumentos irá acompañado dunha interpretación o que permitirá gozar das sete gaitas de fol que existen en Galicia así como da caixa, o tambor e o bombo. Haberá tamén oco para o acordeón así como vairas pezas ao son da pandeireta, a pandeira e o pandeiro, reproduccións exactas de instrumentos antigos.


Un concerto orientado a todo o público en xeral esta tarde ás 20:00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: