www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

O Choco perde unha ocasión de ouro
Deporte • 20/03/2017
Autor: Ana Prieto

Mala xornada para o Choco, que onte tivo a sorte en contra. Enfrontábase en Santa Mariña a un rival directo, e a vantaxe foi para o Céltiga, que se afasta máis dos postos de perigo. Tampouco houbo sorte na Segunda Atunómica, con derrota do filial. Na Terceira Autonómica a única vitoria foi a do Cesantes.


Terceira División


Choco 0-1 Céltiga


Tras un inicio de enfrontamento con escasas ocasións e unha primeira metade sen demasiado fútbol, as ocasións chegaron despois de descanso. Nunha acción de saída de balón do equipo local, chegou unha perda e, co Choco mal situado, Romay aproveitou para superar a Cortegoso cun disparo cruzado. O Choco intensificou o ataque cun plantexamento maís ofensivo, tivo ata tres ocasións claras para empatar, pero o balón non entroi. Un dos disparos tapouno Bermúdez, outro de Silva sacouno co pé o porteiro e o último, co tempo cumprido, enviouno Ricar a gol pero o asistente pitou fóra de xogo. O resultado, ante un dos seus rivais directos pola permanencia, deixa ao Céltiga nunha cómoda posición e deixa ao Choco na décimo sexta praza, a catro puntos sobre o descenso e a tres do undécimo. Na próxima xornada o Choco visita o campo do Alondras, equipo que adianta nun punto aos redondeláns


Choco: Cortegoso, Carlitos, Muíños (Ricar, min. 75), Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Marcos Pérez (Silva, min. 56), Gabi Misa, Óscar Pérez (Rober, min. 56), Comis, Félix.


Céltiga: Bermúdez, Alló, Marcos Rodríguez, Carlos Gómez, Rubén González, Abal, Pablo Berros (Santiago, min. 71), Stefan, Álex Pena (Igrexas, min. 61), Hugo García (Romay, min. 52), Juan Sineiro.


Gol: 0-1, min. 58: Romay.


Segunda Autonómica



A Guía 2-1 Choco B


O Choco B acusou a súa falta de pegada e pagouno cunha derrota que o afasta de postos de ascenso directo. Antolín adiantou ao filial na primeira metade, e tivo unha ocasión clara para ampliar a renda. Samu tamén puido marcar para os de Redondela, pero o balón non entrou. Álex, que entrou na segunda metade, revolucionou ao A Guía e, con dous goles, remontou para os seus. No desconto, puido igualar outra vez o Choco B, pero Xandre enviou o balón fóra. Os redondelanos perden outra boa opción para achegarse ao ascenso directo. O A Guía, case salvado, mira xa cara a postos de promoción. O filial, que é terceiro, recibirá na próxima xornada ao Salvaterra, quinto na táboa.


Arcade 2-4 Caldas


Na próxima xornada visitan o campo do Moaña, tres postos por baixo dos de Soutomaior.


Terceira Autonómica



Coia 2-0 Peña Beretes


O Peña Beretes segue afundido na táboa logo da derrota en Coia. E na próxima xornada van ter moi complicado poder sumar algún punto, xa que reciben ao Vincios, líder intratable do grupo


Gondomar 4-1 Atl. Vilar


O Vilar, máis afundido na táboa logo da goleada recibida no campo do Gondomar. E na próxima xornada recibe a un duro rival, o Coia, que logo da vitoria ante o Peña Beretes é terceiro.


Chapela descansou. Logo da xornada de descanso da pasada xornada, o Chapela xogará o próximo domingo no campo do Alcabre, o pechacancelas do grupo.


Santomé 0-4 Cesantes


Os de Redondela defenderon sen demasiados problemas a terceira praza no campo do Santomé. Importante vitoria para o Cesantes, que segue na pelexa polo ascenso. O domingo recibirá ao Cerponzóns, equipo situado un posto por riba dos redondeláns. Son os segundos, aínda que teñen disputada unha xornada máis que o Cesantes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: