www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

O C.R.Chapela acada dúas medallas no Grove
Deporte • 20/03/2017
Autor: Ana Prieto

Vilaxoán confirmou en augas grovenses a súa superioridade ao impoñerse na IV Bandeira Lavanova de bateis, que organizou o Club Remo Mecos. O C.R. Chapela acadou o bronce nas categorías xuvenil e absoluta feminina.


Liga Territorial Sur de Bateis


Vilaxoán proclamouse gran campión en cinco do nove regatas. Alcanzou a mellor puntuación na categoría feminina con dúas vitorias nas tres regatas puntuables, sumando 14 puntos con Samertolaméu segundo, que chegou aos 7 puntos e Chapela, terceiro, con 6 puntos. E o mesmo na categoría masculina, pois con tres vitorias no catro probas puntuables conquistou a bandeira masculina, tamén con abafadora maioría. Vilaxoán sumou 15 puntos e moi atrás Bueu con 9 e Samertolaméu con 7 puntos, seguíronlle na clasificación. O C.R. Chapela acadou a medalla de bronce na categoría Xuvenil feminina e tamén na abasoluta feminina.


Resultados: Alevín feminino: 1.- Vila Cangas, 2.20:44; 2.- Vilaxoán, 2.25:68; 3.- Tirán, 2.33:87.- Promesa feminino: 1.- Vilaxoán, 4.22:84; 2.- Vila Cangas, 4.29:47; 3.- Robaleira, 4.31:05.- Xuvenil feminino: 1.- Vilaxoán, 9.05:10; 2.- Tirán, 9.09:92; 3.- Chapela, 9.20:07.- Absoluto feminino: 1.- Samertolaméu, 8.54:02; 2.- Vilaxoán, 8.56:55; 3.- Chapela, 8.58:90.- Alevin masculino: 1.- Vila Cangas, 2.23:88; 2.- Amegrove, 2.24:93; 3.- Virxe Guía, 2.29:58.- Infantís: 1.- Vilaxoán, 4.13:93; 2.- Vila Cangas, 4.35:28; 3.- Tirán, 4.36:15.- Cadetes: 1.- Vilaxoán, 6.06:54; 2.- Mecos, 6.09:07; 3.- Bueu, 6.18:34.- Xuvenís: 1.- Vilaxoán, 8.17:74; 2.- Amegrove, 8.25:25; 3.- Virxe Guía, 8.28:67.- Seniors: 1.- Samertolaméu, 8.09:28; 2.- Meira, 8.11:73; 3.- Amegrove, 8.12:00.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: