Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Cándido Pazó achega a Soutomaior o espectáculo "Memorias dun neno labrego"
Cultura • 17/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos de Arcade acolle este domingo, ás 20:30 horas, a obra "Memorias dun neno labrego" de Cándido Pazó. Un espectáculo teatral baseado no libro de Xosé Neira Vilas, e que serve de "homenaxe á memoria dun tempo que nos define e ao escritor que tan ben soubo contaba", afirma o cartel da peza teatral. A entrada á actuación será gratuíta.


Trátase dun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. Apoiado nun gran atractivo visual e un coidado traballo de vídeo, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións.


O espectáculo estreouse en 2011 para a celebración do 50 aniversario da primeira publicación en Buenos Aires de "Memorias dun neno labrego", o libro máis lido, publicado e traducido da literatura galega, e leva acumuladas máis de 200 funcións por Galicia e diversas localidades de Europa e América.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: