www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Rei entende que hai unha persecución política detrás do seu paso polos Xulgados
Institucional • 29/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Satisfeito logo de que a sentencia o absolvera dun presunto delicto de prevaricación, o alcalde de Redondela asegura que foi a persecución política á que o ven sometendo Ramón Rodríguez e o excesivo celo do interventor o que o levaron sentar no banco dos acusados


O alcalde de Redondela recibiu con lóxica satisfacción a sentencia ditada pola xuiz da Sala do Penal número 1 de Vigo que estima que os feitos que o levaron a sentar no banco dos acusados non son "legalmente constitutivos de delicto". Unha sentencia que absolve tanto ao alcalde como ao concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias  das acusacións de prevaricación polas supostas irregularidades cometidas na contratación e concesión das obras de humanización nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín e polas que a fiscalía pedía para ambos os dous políticos unha condena de nove anos de inhabilitación para cargo público.


Coa sentencia na man o alcalde recoñece "ter unha preocupación menos" xa que, aínda que "coa conciencia tranquila e confiando na xustiza", si recoñece que vivía con certa preocupación á espera de coñecer a resolución da maxistrada.


Rei reiterou que tal e como defenderon dende o inicio tanto el como o edil González Iglesias "en ningún caso se podía falar de delicto" por adoptar a decisión de ampliar as obras de humanización para cambiar a rede de sumidoiro, aínda que si recoñeceu que se faltou ao procedemento "xa que o orzamento estaba prorrogado e nesa situación non se permite facer un recoñecemento extraxudicial de crédito".


Finalmente insistiu en que foi a persecución dun veciño, Ramón Rodríguez e o excesivo celo do interventor municipal Modesto Solla o que o levaron sentar no banco dos acusados .

Comentarios
un da vila.
Venres 30 de Abril de 2010 ás 09:47 horas
xaime rei entende......... o que non entendo eu, é que un fiscal xefe da audiencia diga en declaracións que nos atopamos ante "unha prevaricación pura e dura" - con toda a sua experiencia profesional que debería ter - e logo a xuiza diga que no na hay.
ou unha de duas, o fiscal debe recurrir a sentenza ou debería empregar o seu tempo en outros menesteres e non haber plantexado xa a denuncia.
Xaime di que non quería acabar a sua alcaldía con unha mancha. que vergoña. A mancha mais grande que tuvo, É NON HABER FEITO NADA POR ESTE POBO.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: