www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Souto González: "Un choque de egos está a obstaculizar a Área Metropolitana"
Política • 16/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O profesor de Didáctica da Universidade de Valencia e membro do Instituto de Estudios Vigueses, Xosé Manuel Souto González falará esta tarde sobre "Redondela na área metropolitana. O que perdemos e o que gañamos". Unha charla enmarcada dentro das Conversas de Alén Nós que se desenvolverá no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.


"O con­ti­nuo retraso en pór en ser­vizo a área metro­po­li­tana de Vigo subliña a inca­pa­ci­dade dos polí­ti­cos locais e auto­nó­mi­cos para che­gar a un acordo que per­mita mello­rar a vida dos veci­ños das Rías Bai­xas", con estas palabras xa recollidas nalgúns dos seus artigos, Souto González amosa o seu convencemento de que parálise actual que sofre a Área Metropolitana é produto da falta de interese dos políticos de cara a poñela en marcha. Unha falta de interese en gran medida porque "os políticos temen que desapareza o poder territorial dos municipios onde os partidos crean as súas infraestruturas de poder clientelar".


Un ente que ao seu entender achegaría numerosas vantaxes a poboación que a conforma, nomeadamente no que se refire ao transporte metropolitano "a poboación móvese por necesidade e debe contar co apoio da administración para non ter que deixar o seu salario neses desprazamentos". Pero vantaxes tamén na racionalización de servizos básicos como son a sanidade ou o ensino.


Amósase pesimista sobre o futuro da área "que non vai dar satisfacción ás necesidades de poboación, entre outras cousas porque non se inclúe a área de Pontevedra" e entende que corrixir esta situación pasa pola mobilización "a xente debería mobilizarse para esixir os proveitos que terían no caso de poñer en marcha as medidas metropolitanas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: