Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Veciños e amigos de Sesé poñen en marcha unha campaña para reconstruír a súa casa
Sociedade • 15/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Grupo de Apoio á Familia Mateo esta formado por unha serie de persoas que ten o vinculo común da amizade con María José Mateo (Sesé), asasinada en Chapela pola súa exparella. Ante a emerxencia social que supón a reconstrución da súa casa decidiron poñer en marcha unha campaña de "bonos solidarios" que servirán para recadar cartos e poder así acometer a obra "en prol de que a familia puidera recuperar a súa vida, do mellor xeito posible, dadas as circunstancias".


Explica este grupo de amigos e veciños que a súa colaboración para por traballar como man de obra na reconstrución da casa e tamén recadar fondos para a súa reconstrución e para a recuperación do fogar por parte da familia (mobles, roupa, libros e material da escola, etc.).


Para a recadación de cartos comezaron xa coa venda de bonos solidarios, cun valor de 2 €, solicitando o apoio da veciñanza e amizades. Unha iniciativa que quere ser tamén "un acicate para as conciencias, e un amparo e acollemento para as vítimas, que non se sintan soas tralo tráxico incidente, que nunca tivo que suceder".


Os lugares de venda nos que se poden adquirir estes bonos son:


* Estanco Melón (Avda. de Vigo 260, Chapela, Redondela)


* Cafetería do Centro Recreativo e Cultural (Avda. de Vigo 218, Chapela, Redondela)


* Peluquería Loli Barbará (Avda. de Vigo 296,Chapela, Redondela)


* A Valeria (Chapela)


* Lambonadas (Avda. de Vigo 226, Chapela, Redondela)


* Bar A Bodega (rúa Subride 110, Candeán, Vigo)


* Bar La Juakina (Rolda Don Bosco 7, Vigo Centro)


* Bar Princesa (Pz. Constitución 5, Vigo Centro)


* Café Badía (Sanjurjo Badía 240, Vigo)


* Mistura Teis (Vigo, Teis)


* Sara García Peluq Art


* The Globe School of English (Ecuador 34, Vigo)


* Taberna A Pedra (Rúa dos Cesteiros 2, Vigo)


* Galería Gazz (Rolda Don Bosco 23, Vigo)


* Copycolor (Travesía Vigo, Vigo)


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: