www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O BNG pide no Parlamento un plan integral que minimice o impacto das obras da AP-9 en Chapela
Política • 14/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A formación nacionalista presentou no parlamento diversas iniciativas a través das cales demanda "un plan integral" que mellore a calidade de vida e minimice o impacto producido polas obras de ampliación da AP-9, con atención especial aos centros educativos e a aplicación de medidas que reduzan o ruído. Solicitan tamén da Xunta que demande do Estado que suprima a peaxe da AP-9 entre Redondela e Vigo.

O deputado do BNG, Luís Bará rexistra diversas iniciativas parlamentaria sobre o impacto das obras de ampliación da AP-9 e da Ponte de Rande sobre a parroquia de Chapela.


O parlamentario salienta que a proximidade das obras está a afectar gravemente ao desenvolvemento dos centros escolares e a súa normal actividade lectiva así como vivendas e outras infraestruturas na parroquia e contorna por mor dos ruídos, que superan os niveles máximos permitidos na lexislación.


A través da proposición non de lei, o nacionalista insta ao goberno galego a impulsar "un plan integral" que mellore a calidade de vida e minimice o impacto producido polas obras de ampliación da AP-9.


Asemade, o BNG pedirá á Xunta demandar do Goberno do Estado a supresión da peaxe da AP-9, no treito Redondela-Vigo e transformar a estrada N-552 nunha "rúa urbanizada na que prime a seguranza viaria,  a accesibilidade e mobilidade peonil":


Luís Bará tamén reclama a permanencia do servizo de Correos, na súa actual ubicación, ata novo traslado, esixir á concesionaria a instalación, este ano, de sistemas de protección antiruído na zona de Chapela e Teis e pavimentos que reduzan o impacto acústico.


Finalmente, o parlamentario do BNG tamén reclama "axilizar os tramites de recualificación dos terreos para o novo centro escolar e a Igrexa e que a súa construción sexa iniciada este ano ao igual que a construción da escola infantil nos terreos do lugar de Cidadelle onde está prevista a construción do novo colexio da Igrexa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: