www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Charla informativa sobre o programa de aluguer social orientada aos propietarios de pisos baleiros
Política • 14/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Servizos Socias organiza hoxe martes unha charla informativa na que se informará aos propietarios de vivendas baleiras das condicións do programa de aluguer social ao que se acolleu o Concello de Redondela e que se inicia no vindeiro mes. A charla terá lugar ás 20:00 hroas na Casa da Cultura.


No caso de posuír unha vivenda e querer acceder a este programa que pon en marcha o Concello en colaboración coa Consellería, os interesados deben inscribirse no departamento de urbanismo. O propietarios contarán de xeito gratuíto cun seguro de fogar que cubrirá calquera dano que se produza na vivenda e terá garantido o cobro das mensualidades, incluso no caso de que se produzan impagos por parte do inquilinos.


O obxectivo é facilitar a aquelas familias que conten cuns ingresos mínimos o acceso a unha vivenda que en ningún caso poderá superar os 300 euros, que é a mensualidade establecida para pisos de 90 metros cadrados que conten con garaxe e rocho.


Unha cantidade inferior ao mercado pero que pode espertar o interese dos propietarios porque a convenio asinado entre Xunta e Concello establece que as vivendas que se incorporen ao programa contarán cun seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento e un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: