www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Propoñen que os 220.000€ que custará a senda peonil de Pazos se invistan noutras actuacións
Política • 13/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Alternativa veciñal de Pazos de Borbén amosa a súa disconformidade co investimento de 220.000 euros na construción dunha senda peonil entre Amoedo e Pazos por entender que se trata dunha actuación innecesaria ao seren poucas as persoas que fan este percorrido e pé e por existir entre as dúas parroquias un tramo da antiga estrada en desuso que pode ser empregado para camiñar ou circula en bicicleta e cuxo acondicionamento requiriría dun mínimo investimento.


Pola contra, aseguran que hai infraestruturas que si son intensamente utilizadas por veciños e veciñas de Pazos de Borbén e que presentan unhas condicións e/ou un estado de conservación deplorable. Concretamente, o centro de saúde e o colexio público, que precisan con urxencia que se invista neles.


No caso de que o obxecto sexa mellorar a seguridade viaria propoñen que os cartos previstos pola Xunta para esta obra se destinen a reformar a estrada entre Amoedo e Os Valos que soporta un elevado tráfico (gran parte del de vehículos pesados), presenta un firme nun estado lamentable, é estreita, carece de beirarrúas..., e discorre, en gran parte do seu traxecto, polo medio das parroquias de Nespereira e Cepeda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: