www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

A mestizaxe musical e o baile flamenco chegan ao Multiúsos con "Mesteño" de Diego Pacheco
Cultura • 10/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O guitarrista e compositor vigués presenta no seu espectáculo un variado percorrido musical cuxo punto de partida é o flmenco, facendo escala no blues, o jazz, a bossa nova, o funk o pop ou incluso o máis puro sonido wenstern. Sobre o escenario estará acompañado dunha potente banda e o baile en directo. O concerto terá lugar o sábado 11 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira. As entradas pódense retirar en ticketea ou no propio  Multiusos dúas horas antes do espectáculo.


O guitarrista Diego Pacheco, influenciado por músicos como Paco de Lucía, Steve Vai, Wes Montgomery ou Ry Cooder presenta o seu último álbum"Mesteño". Acompañado dunha potente banda subirase ao escenario xunto a Dani Font, Suso Feixon, Xiñor Tonichi, Javi Gdjazz, Alex Touceda e Javi Pacheco, todo acompañado co baile flamenco de Isaías Salazar, María Rial, Sandra Rica e Susana del Pozo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: