Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Deporte para conmemorar o día da Muller
Sociedade • 10/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O pavillón A Marisma de Redondela acolle na tarde do domingo unha xornada deportiva orientada especificamente ás mulleres. Organizada conxuntamente polas Concellería de deporte e Igualdade, o obxectivo é motivar e animar ás mulleres, independentemente da súa idade, a achegarse á práctica deportiva dun xeito lúdico e divertido. Unha actividade que arrancará ás 17:00 horas e que conta coa colaboración de diferentes clubs deportivos do concello.


Unha xornada de deporte que se celebra pro segundo ano consecutivo e que busca "vincular o día da muller coa vida e práctica deportiva feminina". Unha master class que se desenvolverá dende as 17:00 ás 20:00 horas o domingo día 12 no novo pavillón da Marisma e na que poderán participar mulleres de todas as idades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: