www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Aulas baleiras nos colexios e institutos de Redondela
Política • 9/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O alumnado secunda masivamente unha folga no ensino que está a ter pouco seguimento entre o profesorado e que busca a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes no ensino. Nos institutos de Redondela o seguimento foi masivo entre os rapaces, xa que en torno a un 90% non acudiron aos centros educativos nesta xornada. Algo menor a participación nos colexios, nos que o paro situouse en torno ao 70/80% con máis seguimento en centros como o Alexandre Bóveda, Santa Mariña e Cedeira. Menor repercusión está a ter o paro entre o profesorado, cun seguimento nos centros de Redondela en torno a un 20%, agás en Cedeira e Santa Mariña, colexios nos que esa participación chegou ao 50 e 40% respectivamente.


Nos institutos o seguimento foi masivo entre os rapaces, xa que en torno a un 90% non acudiron aos centros educativos na xornada de hoxe. Os institutos de Redondela, tanto o Mendiño, Pedro Floriani como o San Simón e o instituto de chapela estaban hoxe coas aulas practicamente baleiras. Máis rapaces nos colexios, aínda que tamén secundaron maioritariamente a protesta os alumnos do Colexio Santa Mariña e Cedeira, en torno a un 90% ou no Alexandre Bóveda onde un 96% do alumnado ausentouse das aulas, asistindo a clase tan só 16 alumnos dun total de 219.


Nos colexio Santo paio de Abaixo en Reboreda, en Porto Cabeiro e en Laredo o seguimento foi dun 80% e en torno a un 70 situouse a participación nos colexios de Outeiro das Penas e Igrexa. Menor foi a participación en Quintela, onde secundaron a protesta o 60% dos alumnos.


Pouco seguimento pola contra entre o profesorado con cifras que roldan o 20% na maior parte dos colexios e institutos. Menor participación entre os docentes dos Instituto San Simón, centro no que tan só un 10% do profesorado secundou a protesta, mentres que no resto dos institutos a porcentaxe varía entre un 20 e un 30%.


Nos colexios o seguimento foi importante no Centro de Cedeira, onde o 50% do profesorado secundou a folga e no Colexio Santa Mariña onde foron 13 os profesores que decidiron facer folga dun total de 32 (en torno a un 40%), un 30% tamén se sumou a protesta no Alexandre Bóveda mentres que no resto dos centros a participación reduciuse a menos dun 20% do profesorado.


Esta é a segunda folga xeral na educación en catro anos, a última foi en 2013, e é a primeira con Íñigo Méndez de Vigo como ministro de Educación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: