www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Poemas de Arjona Delia para celebrar o Día da Muller
Sociedade • 8/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Veciñas anónimas foron as encargadas de dar voz na mañá de hoxe ao acto institucional celebrado ás portas do Concello no que se leron poemas da escritora e poeta arxentina Arjona Delia, fixéronse reflexións en torno ao que significa a conmemoración do Día Da Muller e se lembrou unha vez máis a necesidade de rematar coa violencia de xénero que neste ano golpeou de cheo o noso concello. Un acto que contou coa presenza do goberno local e representantes políticos da oposición e que rematou cun "Nunca Máis" en contra da violencia contra as mulleres.


Un acto que forma parte do programa de actividades que se desenvolven durante este mes en Redondela en torno a esta data e que inclúen a inauguración, esta tarde ás 19:30 no Multiúsos da Xunqueira, da exposición Mulleres en Realidade que nesta edición quere ser un recoñecemento ás mozas dos equipos de balonmán de Redondela, a SAR Rodavigo e o Cíes Chapela que militan na División de Honra prata Feminina.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: