Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

F.S. Redondela quere prolongar a boa racha en Gondomar cun resultado positivo
Deporte • 8/03/2017
Autor: Ana Prieto

Coa inxección de moral que supuxo a vitoria ante o Verín da pasada xornada, os de Manuel Otero busarán sumar tamén ante o Cereixa. Os de Gondomar, co obxectivo do ascenso, serán un rival difícil, pero os redondeláns son optimistas.


Fran Iglesias, directivo do club, sinala que viaxarán conscientes da dureza do encontro, pero  "optimistas" e confiados tamén nas súas opcións ante o segundo clasificado da Liga Galega Su. O Redondela F.S vén de reforzarse nas últimas semanas coa incorporación de dous xogadores importantes: o veterano Miguel Conde e Borja, ex xogador redondelán. A saída de Juan Puertas facía necesario "cubrir ese oco" coa incorporación dalgún efectivo, e estas dúas fichaxes están a dar un excelente rendemento no equipo. Para o partido do sábado co Cereixa agardan poder contar con todos os xogadores, nunha cita que se disputa ás 17.00 horas no Polideportivo de Gondomar.


Deporte feminino


En canto ao fútbol sala feminino, Iglesias amósase "moi orgulloso" das xogadoras do Redondela F.S., perfectamente integradas nos equipos das categorías inferiores no club. Aposta porque esa "normalidade" se dea tamén nas categorías absolutas, onde as mulleres teñen que superar aínda "moitas barreiras". De feito, a selección galega de fútbol sala disputou onte un encontro ante Cataluña por primeira vez despois de 19 anos. Iglesias fai un chamamento a clubs e institucións para que traballen na integración das mulleres no deporte "en plena igualdade".


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: