www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

Samertolameu faise co XII Memorial Paco Fenosa
Deporte • 6/03/2017
Autor: Ana Prieto

O litoral de Chapela acolleu onte o Memorial Paco Fenosa de Traiñeiras, coa participación de 24 embaracións chegadas de toda Galicia. Na categoría absoluta os de Meira impuxéronse a Mecos e Tirán, que ocuparon a segunda e terceira praza. Nos Veteranos os de Chapela foron primeiros.


A proba, cun percorrido algo superior aos 5.000 metros, foi unha festa do remo para a parroquia. Os deportistas dos diferentes clubs galegos déronse cita para "medir forzas" na categoría raíña do remo neste inicio de temporada. Na xornada previa, o sábado, disputouse outra cita do calendario galego de bateis coa VIII Bandeira Concello de Bueu. Na categoría masculina a bandeira foi para os organizadores, o Mar de Bueu, e na feminina para Vilaxoán. Os clubs redondeláns fixéronse con dúas medallas: bronce para Chapela na categoría Xuvenil Feminina e prata para Cesantes na Infantil Masculina.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: