Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O líder frea a racha do Choco
Deporte • 6/03/2017
Autor: Ana Prieto

O Deportivo B gañou pola mínima en Santa Mariña, poñendo fin á xeira de catro xornadas sen perder dos de Marcos Montes. Na Segunda Autonómica gañaron o Choco B e o Arcade. En Terceira Autonómica sumaron triunfos Chapela e Cesantes, e derrotas o Peña Beretes e o At. Vilar.


Terceira División


Choco 0-1 Deportivo B


O Choco viu como o líder da categoría, o Deportivo B, rompía a súa serie de catro xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, aínda que para lograr marcharse co tres puntos de Santa Mariña os herculinos tiveron que sufrir e esforzarse ao máximo. Os visitantes iniciaron o choque máis centrados que os redondeláns. De feito, nunha primeira acción, na que os redondeláns non lograron afastar o perigo da súa portaría, acabou chegando o tanto que finalmente sería o único do encontro. Unha falta lateral permitiu ao Deportivo B buscar a cabeza de Edu Expósito no segundo pau para que este cedese a Pinchi para marcar o 0-1. A partir do cuarto de hora, o encontro equilibrouse. O Choco tiña máis presenza en área rival pero sen concretar as súas claras oportunidades. No descanso, o conxunto de Marcos Montes decidiu apostar por subir liñas na presión e mostrarse máis agresivo para buscar o empate, pero non estiveron acertados de cara á portería rival. Na próxima xornada o Choco xoga no campo do Ribadumia, 9º do grupo


Segunda Autonómica



U. Ribeira 1-3 Choco B


Eloy, Alex e Manu deron a vitoria ao Choco B na visita ao campo da Ribeira.


O próximo domingo o filial recibe ao Racing de Castrelos.


Arcade 4-1 Vilagarcía


Dous tantos de Antolín, un de Fabián e outro de Pablo deron a cómoda vitoria ao Arcade ante o Villagarcía, que fixo unha boa primeira metade, pero veu abaixo na segunda.


Na próxima xornada os de Soutomaior xogan no campo do Mosteiro


Terceira Autonómica



Lavadores 4-0 Peña Beretes


Na próxima xornada reciben en Chapela ao Gondomar


Peñasco 7-1 Atl. Vilar


Na próxima xornada reciben ao Lavadores, 3º do grupo


Nespereira 0-5 Chapela


O domingo reciben ao Balaídos


Cesantes 1-0 Cuntis


Na próxima xornada visitan ao Campañó.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: