www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

A modificación da comisión de seguimento dos servizos privatizados a debate no pleno ordinario
Institucional • 28/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Pleno de trámite o que se celebra esta tarde en Redondela correspondente ao mes de abril. Unha sesión ordinaria que modifica a súa hora de celebración xa que vai ter lugar ás 19:00 horas e non as 20:30 como ven sendo habitual.


O único dos punto que a priori parece que crearán debate é o relativo á modificación da comisión de seguimento dos servizos públicos privatizados, unha proposta que chega dende a alcaldía e que afecta á función e composición deste órgano.


Dende o PP esixirán a presencia de técnicos municipais en dita comisión xa que segundo denuncian a proposta do goberno "non contempla a presencia nin da secretaria nin da interventora".


Segundo denuncian os populares, despois de cinco anos sen convocarse a comisión o goberno local acordou "modificar o regulamento sen consenso cos  grupos políticos que conforman a corporación".


 Neste sentido, os populares redondeláns reclaman, por unha parte, a presencia da secretaria e da interventora municipais na comisión de seguimento, "cuestión que o Goberno local non contempla", e, por outra banda, denuncian a actitude tomada polos dirixentes do Concello de levar o asunto directamente ao pleno, previsto para esta tarde, sen ser dictaminado previamente pola comisión informativa correspondente, "privando o debate e o posicionamento respecto da cuestión dos diferentes grupos políticos".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: