www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

O Rodosa Chapela, a un punto da promoción de ascenso
Deporte • 6/03/2017
Autor: Ana Prieto

Os de Fran Teixeira superaron ao Seis do Nadal e ocupan a terceira praza da Primeira Nacional, mentres que a SAR perdía por un gol na Coruña ante o OAR. Na Honra Prata Feminina, a SAR Rodavigo impúxose ao Palencia, mentres que o Cíes Chapela segue sen puntuar.


Honra Prata Feminina


SAR Rodavigo 30-25 Palencia


Custoulle moito ao Sar Rodavigo gañar ao BM. Turismo Palencia, que fixo traballar moito ás xogadores de "Chini" para conseguir os dous puntos en xogo. Na próxima xornada teñen un longo desprazamento, visitan ao Tejina


Pereda 25-16 Cíes Chapela


Segue sen conseguir a ansiada vitoria o Cies Obra Civil BM. Chapela. O equipo, pechacancelas do grupo, está a atopar moitos problemas para marcar goles. A próxima fin de semana reciben ao Valladolid.


Primeira Nacional



Rodosa Chapela 31-20 Seis do Nadal


Vitoria do Rodosa Chapela ante o Magope Seis do Nadal, o que lle permite empatar a puntos co terceiro e colocarse a tan só un punto do segundo. Na próxima xornada visitan o pavillón do Bueu.


OAR 28-27 SAR Plastic Omnium


Nun partido no que sempre foi por detrás no marcador, chegando a perder de 6 goles, os de Carlos Rey foron capaces de plantarse no último minuto a un gol de diferenza pero faltoulles tempo para conseguir a remontada. Na próxima xornada reciben en Redondela ao Teucro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: