www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

Cabeiro celebra o Entroido máis tradicional con Madamas e Galáns
Cultura • 1/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Unha tradición que se remonta a décadas atrás e que tería a súa orixe, segundo explica o secretario do Centro Cultural, Amante Romero, na rivalidade existente entre dúas tabernas da parroquia  que no Entroido competían por ter as mellores actuacións e os mellores danzantes. Dende hai sete anos a directiva do centro traballa en recuperar esta tradición, motivo polo que organiza o sábado un festival que inclúe un desfile de Madamas e Galáns a partir das 17:30 horas polo centro da parroquia. Ás 19:30 organizan tamén o tradicional baile de disfraces co dúo Sensación e o sorteo de cestas con produtos típicos da época.


Amante Romero, no libro "Cabeiro, terra de cesteiros" explica que esta tradición nace da rivalidade entre as tabernas casa Rato e casa da Barbuda. "Durante o ano a rivalidade era continua facendo gala das mellores actuacións. Chegado o entroido e, cunha tradición de país a fillos, as Madamas adornadas con capullos de camelias e mimosas e lucindo grandes colares e pendente de ouro, acompañadas dos seus Galáns, vestidos con pantalón negro, camisa branca, gorro de copa e un entorchado, estilo militar, facían un percorrido pola parroquia, bailando nas escrucilladas acompañados da música dunha murga". Un desfile que remataba celebrando un gran baile en cada unha das tabernas.


Recuperando esta tradición, o Centro Cultural de Cabeiro leva xa sete anos organizando esta actividade non sen certa dificultade "non temos danzantes na parroquia, polo que nos vemos obrigados a traelos de fóra". Con todo, aspiran a consolidar esta cita "para o cal é imprescindible o apoio dos veciños e do público, que se achegue a velo na tarde do sábado". O desfile suspenderase no caso de que chova, pero o baile realizarase igualmente na sede do centro cultural.


A continuación celebrarán un baile de disfraces amenizado polo Dúo Sensación e ao rematar farase un sorteo de diferentes cestas de produtos da época como cachuchas e chourizos, entre aqueles que vaian disfrazados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: