www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Redondela reivindica a Rosalía
Cultura • 1/03/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello celebra este xoves os actos previstos para a semana pasada co gallo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e que foran pospostos por mor do asasinato de violencia de xénero de Chapela. Consistirán na lectura dunha declaración institucional ás 12:00 horas, un recitado de poemas por escolares e a intervención do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Actos todos eles que estaba previsto organizar na Alameda, aínda que previsiblemente e ante a situación meteorolóxica haberá que desprazar ao interior do concello.


O técnico do servizo de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez apuntaba a necesidade de reivindicar unha figura de Rosalía en todas as súas dimensión (humana, literaria, intelectual, lingüística, comprometida...) e aproveitar para demandar o uso do idioma. "Non é simplemente unha poeta que escribe en lingua galega, é unha figura exemplar en moitos aspectos, e unha intelectual de carácter universal".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: