Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

Redondela vive o Martes de Entroido coa queima do meco
Cultura • 28/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Unha programación que pecha as actividades do Entroido no centro da vila e que estivo en cuestión durante toda a mañá de hoxe, nun martes no que as chuvias foron intensas. Con todo, a melloría prevista para a tarde permitirá a celebración das actividades previstas, entre alas a queima do meco, un Don Quijote subido co seu cabalo a un Vitrasa e que quere representar ao alcalde de Vigo e o conflito co transporte metropolitano. Trasládanse ao Multiúsos as actividades infantís que se celebran a partir das 16:30 horas.


A ameaza de chuvia non pode cun martes de Entroido que os máis animados están xa a vivir na rúa. A partir das 16:30 horas a música da "Charanga os Imperiais" encargaranse dos pasarrúas e os nenos terán as súas actividades no Multiúsos, onde poderán participar en obradoiros de máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes, globoflexia.


Nesa xornada haberá tamén concurso de disfraces nos que se premiará aos mellores nas categorías de individual, parella e grupo. Os que queiran participar este anos terán que inscribirse a partir das 17:00 horas na entrada da concello e as seis facer unha pequena exhibición.


As 19:30h o espectáculo Draco coa animación do grupo "Troula" partirá dende a Farola, continuará o seu percorrido pola Alameda e unha vez ás portas do Concello, procedera á queima do Meco que rematará coa tradicional tirada de fogos de artificio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: