www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Cinco medallas para os clubs de Redondela na Bandeira Concello de Moaña de Bateis
Deporte • 27/02/2017
Autor: Ana Prieto

A XXXII Bandeira Concello de Moaña de bateis, disputada a pasada fin de semana na enseada de Meira (Moaña) foi para os clubs Vilaxoán, en categoría masculina con 22 puntos, e para S.D. Samertolaméu, en categoría feminina. O C.R. Chapela levou catro medallas e Cesantes unha.


Por clubs, Chapela quedou en terceira posición no cómputo da categoría feminina, por detrás de Samertolameu e Vilaxoán, que foron primeiro e segundo, respectivamente. As tripulacións redondeláns subiron ao caixón en cinco ocasións. Os deportisas de Chapela fixérono para recoller a medalla de ouro na categoría absoluta feminina, e o bronce en xuvenil feminino, e en alevín e absoluta masculina. O club de Cesantes fíxose coa prata en infantil masculino. Na próxima fin de semana continúa o calendario galego de bateis coa VIII Bandeira Concello de Bueu, o sábado 4 de marzo.


 


Resultados: Alevín feminino: 1.- Vila de Cangas, 2.53:75; 2.- Vilaxoán, 3.02:06.- Promesa feminino: 1.- Samertolaméu, 5.25:27; 2.- Vilaxoán, 5.25:89; 3.- Robaleira, 5.37:99.- Xuvenil feminino: 1.- Vilaxoán, 11.02:49; 2.- Tirán, 11.15:13; 3.- Chapela, 11.28:95.- Absoluto feminino: 1.- Chapela, 10.33:14; 2.- Samertolaméu, 10.43:49; 3.- Vila Cangas, 10.55:46. Alevín masculino: 1.- Vila de Cangas, 3.08:60; 2.- Amegrove, 3.19:35; 3.- Chapela, 3.32:51.- Infantil masculino: 1.- Vilaxoán, 5.01:59; 2.- Cesantes, 5.25:80; 3.- Tirán, 5.33:79.- Cadete masculino: 1.- Vilaxoán, 7.28:02; 2.- Samertolaméu, 7.37:36; 3.- Mecos, 7.37:66.- Xuvenil masculino: 1.- Bueu, 9.53:44; 2.- Samertolaméu, 10.03:54; 3.- Virxe Guía, 10.04:35.- Absoluto masculino: 1.- Mecos-A, 9.23:29; 2.- Mecos-B, 9.32:55; 3.- Chapela, 9.33:63.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: