www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

O colectivo Alterarte mostra a súa obra no Multiusos
Cultura • 27/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Acuarelistas, escultores, pintores ao óleo e outros artistas do Colectivo Alterarte mostran a súa obra nunha exposición multidisciplinar que se poderá visitar no Multiusos ata o vindeiro 5 de maio.


Atopamos entre outros artistas a Remedios Priegue, Chelo Rodríguez, Tania Ulloa, Carmen Balbuena, Azpeitia, Berta Saball, Carmen Pernas, Javier Pazó, Pascual Sanz, Angeles Jorreto, José Agra, Áurea Pousa, Justo Ilhuicamina ou José Veiga, quen nos recomendaba achegarnos a esta mostra de temática variada e técnicas como o óleo, acrílico, acuarela, aerógrafo ou escultura.


Cada artista expón dúas ou tres obras segundo o seu tamaño, nas que mostran as súas técnicas e estilos.


Alterarte é unha iniciativa que se creou co obxectivo de promover e difundir a arte galega máis actual, un proxecto dinámico e aberto a propostas cun concepto amplo que abrangue todo tipo de tendencias e manifestacións

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: