www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

A comparsa Cor Café imponse en Redondela
Cultura • 27/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A ameaza de chuvia foi constante nunha tarde chea de comparsas en Redondela. 23 agrupacións desfilaron polas rúas da vila nun percorrido que as levou dende o Campo da Feira ata o Convento de Vilavella. Un longuísimo desfile que foi seguido por centos de persoas que ateigaban as beirarrúas do casco urbano. A asociación Cor Café de Pontevedra impúxose no concurso, logrando por cuarto ano consecutivo o primeiro premio dotado con 900 euros. En segundo lugar quedaron os vikingos da comparsa Revolution Show chegada dende Tomiño e fixéronse cos 300 euros do terceiro premio a comparsa Terra de Condes de Cedeira cunha proposta baseada na película La Bella y la Bestia.


Comparsas con moita cor que nos levaban ata o antiguo Exipto, que non facían viaxar ata o far west e revivir as películas de indios e vaqueiros ou as máis reinvindicativas con críticas ao atraso na chegada do AVE a Galicia. Grandes carrozas seguidas por centos de persoas disfrazadas que protagonizaron un longuísimo desfile malia que nesta acasión se rediciu o percorrido a unha única volta.


Unha programación festiva que seguirá o martes de Entroido a partir das 16:30 horas coa música da "Charanga dos Imperiais" que durante a tarde farán o pasarrúas pola vila. Os nenos terán as súas actividades na Alameda, onde poderán facer máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes, globoflexia. No caso de que chova trasladaranse estas actividades ao multiúsos.


Nesa xornada haberá tamén concurso de disfraces nos que se premiará aos mellores nas categorías de individual, parella e grupo. Os que queiran participar este anos terán que inscribirse a partir das 17:00 horas na entrada da concello e as seis facer unha pequena exhibición.


As 19:30h o espectáculo Draco coa animación do grupo "Troula" partirá dende a Farola, continuará o seu percorrido pola Alameda e unha vez ás portas do Concello, procedera á queima do Meco que rematará coa tradicional tirada de fogos de artificio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: