Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

1300 persoas encherán as rúas de cor no desfile de comparsas do domingo
Cultura • 24/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O número de participantes elévase notoriamente respecto de anos anteriores chegando ata as 23 comparsas, algunhas delas con máis de 120 integrantes. Un desfile que sairá ás seis da tarde do domingo dende o Campo da Feira en dirección a Vilavella. Dende onte o meco, unha caricatura de Abel Caballero a modo de Don Quijote subido co seu cabalo enriba dun vitrasa, pódese ver na praza do Concello.


O elevado número de participantes no desfile do domingo, ao redor de 1.300 repartidos en 23 comparsas, levou a Concellería de Festas e eventos a modificar o percorrido, que nesta ocasión será linial facilitando así tanto o desfile das comparas como a presenza de público. Arrancará ás 18:00 horas no Campo da Feira, percorrendo o casco urbano ata chegar a Vilavella. Unhas comparsas que optarán a tres premios de 900, 600 e 300 euros e que se concederán valorando a orixinalidade, colorido e coreografías das participantes.


Unha programación festiva que seguirá o martes de Entroido a partir das 16:30 horas coa música da "Charanga dos Imperiais" que durante a tarde farán o pasarrúas pola vila. Os nenos terán as súas actividades na Alameda, onde poderán facer máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes, globoflexia. NO caso de que chova trasladaranse estas actividades ao multiusos.


Nesa xornada haberá tamén concurso de difraces nos que se premiará aos mellores nas categoráis de individual, parella e grupo. Os que queiran participar este anos terán que inscribirse a partir das 17:00 horas na entrada da concello e as seis facer unha pequeña exhibición.


As 19:30h o espectáculo Draco coa animación do grupo "Troula" partirá dende a Farola, continuará o seu percorrido pola Alameda e unha vez ás portas do Concello, procedera á queima do Meco que rematará coa tradicional tirada de fogos de artificio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: