www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Anxo Angueira: "Rosalía é un emblema nacional"
Cultura • 24/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O presidente da Fundación Rosalía de Castro con sede na casa Museo de Padrón, traballa activamente no espallamento da obra e vida da poeta escritora galega de quen salienta a súa ampla formación "grazas a figura da súa nai" que se empeñou en que estudara como os rapaces na vez de reducir a súa formación a costura e cociña como adoitaba facerse coas nenas da época. Rosalía convértese así nunha intelectual que leva a súa formación aos textos que escribe, moitos deles con marcado carácter feminista.


Angueira anima a visitar a Casa da Matanza en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Restaurada en 1971 e convertida en Casa-Museo en 1972 neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada "O perfil dunha sombra", o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada "O seu", proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: