www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O fútbol sala fiase forte fóra da casa
Deporte • 20/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela e Campito xogaban en campo rival nesta fin de semana e, en ambos casos, foron quen de facerse cos punto en xogo. O Redondela vencía por 3-4 ao Tüi mentres que o Campito remataba o encontro ante o Ourense Mariñamansa cun resultado favorable de 2-4. Pola contra, o único equipo que xogaba na casa, o Arealonga perdía ante o Cereixa por 2-6.


Xogar fóra da casa non foi obstáculo para os equipos de fútbol sala de Redondela, que malia esa desvantaxa lograron facerse cos puntos en xogo. Así, o Redondela visitaba o campo do Tui e facíase co partido por 3-4. O equipo local suma tres puntos grazas aos goles de Tizón (2), Porti e Esco, ascende á oitava praza da categoría e xoga na vindeira fin de semana no Pavillón novo da marisma. Será o sábado ás 16:15 cando reciban ao penúltimo do grupo, o Celado


O Campito tiña unha cita asequible e lograba a vitoria ante o pechacancelas, o Ourense Mariñamansa, nun encontro que finalizaba co resultado de 2-4. Tampouco descansan no entroido, xogan en Chapela e reciben ao Beade.


Peor lle foron as cousas ao Arealonga, único equipo que xogaba na casa, malia o cal perdían por 2-6 ante o Cereixa. Situados na decimo segunda praza tentará traerse algún punto de Manzaneda na vindeira fin de semana.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: