www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O Chapela imponse na Coruña mentres a SAR perde co líder
Deporte • 20/02/2017
Autor: Ana Prieto

Cara a cruz para o balonmán local, con triunfo para o Rodosa Chapela, que se medía na Coruña ao OAR, e derrota para a SAR Plastic Omnium, que non tivo ningunha opción ante o líder intratable da categoría, o Calvo Xiria. Na Honra Prata Feminina houbo xornada de descanso.


Primeira Nacional


OAR 19-28 Chapela


A primeira parte entre o OAR e o Rodosa Chapela foi moi igualda con alternativas no marcador. Ao descanso o Rodosa Chapela logrou unha pequena vantaxe 11-12. Todo cambiou na segunda parte e o equipo de Chapela fixo un muro no seu defensa. Na próxima xornada os de Teixeira reciben ao Teucro


Xiria 33-16 SAR


O líder Calvo Xiria non deu ningunha opción ao Sar Plastic Omnium que ao descanso xa deixaba resolto o partido cun 15-9. Na segunda parte os de Redondela xogaron mellor, pero o seu rival non baixou o pé do acelerador e a vitoria foi avultada. Os de Carlos Rey recibirán na próxima xornada ao Lavadores, equipo ao que adiantan en dous puntos.


Honra Prata Feminina


Xornada de descanso para os dous equipos locais polo parón na liga. A próxima xornada a SAR Rodavigo xoga na pista do Carballal, será o sábado ás 16.30 horas. O Cíes Chapela recibe o domingo na casa ao líder, o BM Xixón, ás 12.20 horas.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: