www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Decembro de 2018

Primordiais presenta no Multiúsos o seu disco "Droguería moderna"
Cultura • 17/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O dúo de arpa, voz e percusión formado por Luis Martíns e Marcelo DoBode, dous primos que, desde Soutomaior nos traen as súas "musicas de OrTa", musicas en crecemento, simbiose perfecta entre tradición e Modernismo actúan este sábado ás 21:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Eles veñen presentar o seu disco "Drogueria Moderna", cun concerto para todos os públicos, incluídos os máis pequenos "que teñen así a oportunidade de escoitar unha arpa en directo".


Este será un concerto íntimo cheo de dozura, melodías recollidas da tradición oral con arranxos simples e efectivos, dunha grande forza estética que transportan á sociedade rurubana moderna toda a lírica dos cantos antigos e incorporacións de ritmos con que as nosas avoas facían os seráns nas zonas de arredor de Pontevedra de onde estes dous novos músicos beben nas súas fontes.


A entrada ten un custe de 7 € / 5 € reducida (menores de 10 anos, parados ou persoas pensionistas. Menores de 3 anos entrada libre deben ocupar butaca co pai/nai. Venda de entradas no Auditorio da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: