www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Soutomaior organiza roteiros medioambientais para pór en valor o territorio
Cultura • 17/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A concellería de educación organiza ao longo deste trimestre tres roteiros que permitirán aos participantes coñecer o medio e poñelo en valor. "A fervenza do inferno" é a proposta para este domingo 19 de febreiro que se repetirá o día 12 de marzo, "Con sabor salgado" será o percorrido que se realice o 5 de marzo e unha subida a Peneda o 26 de marzo e o 9 de abril é o terceiro dos roteiros no que poden participar todos os que se inscriban previamente na OMIXC de Arcade.


A "Fervenza do Inferno" é un percorrido de 7.5 kms de dificultade media e cun desnivel suave. En todo momento está presente o río Verdugo e falarase das especies alóctonas sendo o punto e final a fervenza. Sairá ás 10:30 horas dende a Ponte Medieval os día 19 de febreiro e o 12 de marzo.


A segunda das proposta leva por nome "Con sabor salgado", un traxecto de dificultade media e de 5.5 kms que se achega ata o mar. O 5 de marzo con sa´dia ás 10:30 dende o Multiúsos de Arcade.


Pecha este programa o roteiro "Outra ollada á Peneda", 5.1 kilómetros é o que deberán salvar os participantes para coñecer detalles históricos e naturais da Peneda e gozar dunhas vistas privilexiadas. O 26 de marzo e 9 de abril ás 10:30 horas dende a bifurcación entre o camiño do Castro e a estrada que sube á Peneda


As inscricións deben facerse 5 días antes de cada roteiro na OMIX no Multiúsos de Arcade ou ata cubrir prazas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: