Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Alertan dunha vaga de roubos nas inmediacións da Piscina Municipal
Sucesos • 16/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Na última semana hai constancia de aló menos cinco roubos en vehículos estacionados nas inmediacións deste centro deportivo na zona da Marisma en Redondela. En todos os casos o proceder foi o mesmo. Rompen o cristal e levan todos os obxectos de valor que se atopan no interior do vehículo: bolsos, móbiles, cartos... Sorprende o atrevemento dos autores dos roubos que non dubidan en actuar no lugar malia a proximidade das comisarías tanto da policía local como da nacional.


O autor ou autores destes feitos actúan incluso a plena luz do día polo que se recomenda aos usuarios da piscina ou veciños que adoiten estacionar nesta zona non deixar ningún obxecto de valor no vehículo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: