www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

A voceira do PP aplaude a elección de Javier Bas como futuro candidato dos populares
Institucional • 26/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Cando aínda non se pronunciou oficialmente a dirección do PP sobre o futuro candidato en Redondela, a actual portavoz municipal, Franscisca Canal manifestou o seu total apoio a quen xa é o candidato virtual, o economista e director da oficina de Caixa Galicia  en Redondela Javier Bas.


Canal, quen anunciara hai meses a súa decisión de non volver a presentarse á alcaldía, entende que Bas é "un magnífico candidato" como o abala a súa ampla experiencia no ámbito laboral.


Os rumores sobre a elección de Javier Bas como cabeza de lista ás vindeira eleccións municipais  circulaba dende hai meses pola vila e, mentres nun primeiro momento todas as quinielas daban como bo o nomeamento do concelleiro Alberto Pazos como sustituto de Canal, finalmente parece que a dirección popular optou pola renovación.


Elixiu así a un candidato que carece de traxectoria política, unha carencia que ao entender de Francisca Canal non é importante, xa que segundo a voceira do PP, Bas suple a súa inexperiencia política "cun magnífico currículo".


O redondelán Javier Bas prefire en todo caso non facer valoración polo de agora á espera de que se produza o nomeamento oficial. Tamén na dirección do partido conservador en Pontevedra optan por gardar silencio

Comentarios
bomba
Venres 30 de Xullo de 2010 ás 10:27 horas
Este señor non ten esperiencia política e ademais dedixase guiar por un mal endémico do partido popular en Redondela. Refirome a F. Reban..
Entre opusianos e os referidos fachas non vai ser nada.
Redondela merecía outra cousa polo pp.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: