www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Reparto de vitorias e derrotas no balonmán local
Deporte • 13/02/2017
Autor: Ana Prieto

Os triunfos foron para o Chapela na Primeira Nacional masculina e a SAR na Honra Prata feminina, ante o Lavadores e o Morro Jable, respectivamente. A SAR masculina perdeu en Redondela ante o Rasoeiro e o Chapela feminino sufriu unha goleada en Oviedo.


Primeira Nacional


SAR Plastic Omnium 23-29 Rasoeiro


Os de Carlos Rey dominaron o partido na primeira parte, cun marcador de 12-10 ao descanso, pero na segunda metade os do Grove déronlle a volta ao marcador. Deste xeito o Rasoeiro Calmear fai que a SAR se achegue máis á parte baixa da táboa. Na próxima xornada a SAR xoga na pista do líder, o Xiria.


Rodosa Chapela 33-21 Vilatrade Lavadores


Os de Fran Teixiera adiantáronse desde o primeiro momento no marcador, e estiveron moi acertados de cara á portería rival. A próxima xornada o Rodosa xoga na pista do OAR, 7º.


División de Honra Prata Feminina


Rodavigo SAR 29-26 Morro Jable


Comenzaron dominando as de Chini, malia que na metade do encontro perderon a vantaxe logo de 10 minutos sen anotar, e o Morro Jable mesmo se puxo por diante. Pero reaccionaron ben as redondeláns nos últimos minutos e déronlle a volta ao resultado. A SAR mantén a cuarta praza, e na próxima xornada xogan en Vigo na pista do Carballal, na 6ª praza


Oviedo 32-10 Chapela


Durísima derrota para as de Lupo, seguen no pozo da táboa logo da goleada sufrida en terras asturianas. O Chapela aínda non sumou ningún punto, e terá complicado facelo na próxima xornada, porque o equipo pechacancelas do grupo recibirá ao líder, o Xixón.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: