www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Bas comprométese coa ministra Saharauí, Jadiya Hamdi a traballar por un Sáhara libre
Política • 9/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A ministra de cultura saharauí e representante do Fronte Polisario, Jadiya Hamdi, visitou o Concello para reunirse co alcalde, Javier Bas e a concelleira de Asuntos Sociais, María del Carmen Amoedo, e transmitirlles o seu agradecemento polo apoio e colaboración que Redondela lle presta ao pobo saharauí. Pola súa banda os responsables municipais trasladáronlle o compromiso do concello "en seguir colaborando co Sáhara e apoiando un Sáhara Libre".


A colaboración do concello concrétase a través do convenio co pobo saharauí, que ano tras ano a administración local asina coa Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A través deste convenio colabórase na organización do programa "Vacacións en Paz" cuxos obxectivos son os de facilitar asistencia médica e de alimentación, perfeccionar a aprendizaxe das linguas galega e castelán, ofrecer unha alternativa de lecer a nenas e nenos nados nun clima de guerra, coñecer distintas formas de vida e evitar a súa estadía nos campamentos durante os meses de xullo e agosto, canda as temperaturas neles son as máis altas do ano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: