www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Os veciños critican que Correos só acepte seguir en Chapela a cambio dun local gratuíto
Sociedade • 8/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Instan á empresa postal a buscar un local alternativo ante o posible derrube do edificio que actualmente alberga a oficina para ampliar a Estrada do Torreiro. En todo caso, dende a Asociación de Veciños aaseguran que non permitirán que a parroquia perda este servizo e instan ás administracións a presionar os responsables de correos para que acepten trasladarse.


Dende hai máis de 20 anos o servizo de correos en Chapela goza dunhas instalacións completamente gratuítas. Sen embargo, a proxectada ampliación da estrada do Torreiro que está previsto acometer como mellora pola ampliación da AP-9, suporía derrubar o edifico no que ademais de Correos se atopan as sedes da Asociación de Veciños, da Comunidade de Montes e de propia asociación de afectados pola AP-9.


Un derrube que se atopa pendente de que Correos acepte trasladarse a outra oficina, algo que parece que os seus responsables non están dispostos a aceptar. "Aseguran que o servizo é deficitario e só aceptan seguir na parroquia a cambio dun local gratuíto" explica Marcial Pérez da Asociación de Veciños "non imos entrar a discutir se o servizo é rendible ou non, pero demandamos que Chapela conte con oficina de correos porque en caso contrario os veciños veríase obrigados a trasladarse a Redondela ou Teis para facer envíos postais".


Por ese motivo insisten en que non aceptarán o derrube do edifico se non se asegura previamente a continuidade da oficina de correos na parroquia".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: