www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

A Fundación Telefónica recoñece os innovadores proxectos desenvolvidos polo Colexio Laredo
Sociedade • 6/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Proxectos como Esencia Laredo, que buscan que os rapaces aprendan a desenvolverse no ámbito empresarial coa creación e posta en marcha da súa propia empresa con marcado carácter solidario, ou iniciativas como "pensa en verde" vencelladas ao medio ambiente, son algúns dos proxectos que lles mereceron a este pequeno colexio de Chapela ser recoñecido con este "premio" que lles permitirá aplicar a metodoloxía de elBulli á educación para transformar o xeito de ensinar e aprender a través da creatividade e a innovación.


Un recoñecemento que foi acollido con moita satisfacción entre o equipo directivo e o profesorado do centro, segundo confesaba o seu director Abraham Dominguez. A súa selección xunto con outros 20 centros de toda España para participar das escolas creativas de Ferran Adriá suporá que o equipo pedagóxico de Fundación Telefónica e Ferran Adrià sigan de preto e de xeito personalizado o centro, someténdose a auditorías creativas e contando con materiais didácticos e unha plataforma web de traballo. Tamén gozará de encontro con profesionais de diversas disciplinas e charlas con Adriá que poderían ter lugar xa nas vindeiras semanas.


Todos isto permitirá crear sinerxias entre os distintos centros seleccionados "poderemos traballar conxuntamente de xeito que coñezamos outras experiencias e poder así enriquecernos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: