Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

Alertan do risco de que o Paseo dos Buxos de San Simón poida ser atacado por un parasito
Sociedade • 3/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG solicitou hai catro meses información no concello sobre a situación deste paseo tan emblemático do arquipiélago redondelán sen que ata o de gora recibiran resposta. Alertan de que esta praga, provocada por unha larva de procedencia asiática e que está a atacar a poboación de buxos da nosa contorna, pode chegar tamén a San Simón motivo polo que instan ao goberno a facer un seguimento da situación.


O chamado Taladro do Buxo é unha praga provocada por unha larva de procedencia asiática, que está a mermar a poboación de buxos da nosa contorna. O primeiro que comen os insectos son as follas, mais ao verse afectada a cortiza a pranta chega a morrer.


Ante o temor de que a Carreira de Buxos de San Simón puidera verse afectada por esta praga, dende o BNG dirixíronse ao Concello para comprobar se se está a facer un seguimento. Explican que foi xa en novembro, cando presentamos un escrito para saber da situación dos buxos da Illa, mais ata agora, non tiveron resposta. Instaban ao goberno municipal para que se dirixira aos responsábeis da Consellaría de Cultura, responsábel último da situación de San Simón.


Lembran dende o Bloque que o conxunto arbóreo da Illa de San Simón constitúe un elemento singular, recollido dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza, algúns de cuxos exemplares chegan aos 11 metros de altura, cun diámetro de 70 centímetros e superan os cen anos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: