www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Luis Segura: Detrás da corrupción hai personaxes sinistros como Morenés, Aznar ou o Rei Juan Carlos
Sociedade • 2/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Arrestado e apartado do exército, o que fora tenente do exército de terra Luis Gonzalo Segura non está disposto a calar e segue denunciando a existencia de prácticas corruptas na cúpula das Forzas Armadas. "Fraudes, acoso, contratos irregulares, contratacións que se fraccionan para adxudicalas a empresas concretas a cambio de contraprestaccións..." situacións todas elas que se producen "pola total ausencia de órganos de control e a inoperancia da xustiza militar". De todo isto fala no seu último libro "Código rojo" que presenta este venres no Multiúsos da Xunqueira, nun acto aberto que arrancará ás 19:00 horas.


As súas declaracións públicas en torno á corrupción existente no exército provocaron o seu arresto primeiro e a súa expulsión do exército despois. Unhas consecuencias que lonxe de amedrentalo fan que se reafirme nas súas denuncias que recolle no libro "Código rojo" que este venres presenta en Redondela.


Ademais de falar das irregularidades que se producen no exército "sobre todo nas contratacións" denuncia tamén a existencia de grupos de poder e personaxes sinistros como Morenés, Aznar ou o Rei Juan Carlos que se benefician de que o exército siga a ser un organismo opaco e anacrónico".


E como exemplo de todo o que se fai mal fai referencia ao caso do Yak "que segue sen ningún condenado polas contratacións duns avións que non garantían a seguridade da tropa".


Denuncia tamén que dende que presentara as primeiras denuncias, hai cinco anos, non se teña adoptado ningunha medida para limpar o exército e pola contra se teñan adoptado medidas que só buscan reducir a liberdade de expresión e acalar as súas críticas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: