www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O temporal deixa pequenas incidencias en Redondela con árbores caídas en Saxamonde e Negros
Sucesos • 2/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O 112 rexistrou esta noite un total de 65 incidencias en toda Galicia relacionadas co temporal que está a afectar a nosa comunidade. En Redondela salientar a caída dunha árbores sobre o tellado dunha vivenda no camiño de Cardalas en Saxamonde e outra árbore que se precipitaba sobre o tendido eléctrico e a liña de telefonía no camiño de Feixón na parroquia de Negros.


Tamén por mor das fortes precipitacións que se poducían de madrugada unha arqueta da praza da Constitución saíse do sitio e provocaba un incidente ao quedar atascado un vehículo. Incidentes todos eles de escasa relevancia que se suman as 65 incidencias que durante toda a noite se comunicaron ao 112, principalmente en Vigo, Lalín, Ribadeo e Tordoia


Así se desprende dun informe do centro de emerxencias galego, no que se explica que a maioría destas incidencias estiveron relacionadas con caídas de árbores e pólas en estradas; caída de carteis e pancartas; postes de luz, cables, terra e pedras en estradas.


O temporal seguirá nas vindeiras horas. Durante o día de hoxe a situación pode mellorar algo, pero o peor espérase a partir desta medianoite e mañá pola tarde segundo apuntan desde Meteogalicia.


Ademias Aemet activou para hoxe alerta vermella no mar no litoral de Coruña e Pontevedra, provincias nas que os refachos de vento superarán os 100 quilómetros por hora. En canto as chuvias a previsión estiman que se acumularán máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas na provincia de Pontevedra e no suroeste e oeste da Coruña. Mañá toda Galicia estará en alerta laranxa por ventos e o temporal marítimo persistirá.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: