www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Detidas catro persoas en Chapela nun golpe contra varias asociacións cannabicas en Vigo e Redondela
Sucesos • 1/02/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Dentro do operativo denominado Operación Kenitra, a policía realizou varias entradas e rexistros nas sedes de tres asociacións cannabicas de Vigo e Redondela, co resultado de dez persoas detidas e diversa cantidade de estupefacientes incautados entre outro material. Dada a complexidade da operación participan os xulgados de instrución nº 1 e 2 de Vigo e o xulgado de Redondela.


A investigación iniciouse dentro do Plan Especial de Loita contra o tráfico de drogas logo de ter coñecemento, a través da  colaboración cidadá, da posible existencia de puntos de venta de drogas nalgunha asociación cannabica na Travesía de Vigo e na rúa Doctor Cadaval e na Avenida de Vigo en Redondela.
Dúas das asociacións investigadas, entre elas a de Chapela "pretendían dar apariencia de legalidade a súa actividade solicItando a súa inscrición ante o Rexistro de Asociacións da Xunta como asociacións dedicadas ao estudo do cáñamo e dos usos do mesmo así como a promoción do consumo do cannabis por parte dos seus socios amparándose no consumo compartido. Supostamente os fins das asociacións era informar aos seus socios de cuestións realiconadas coas aplicacións culturais, científicas e terapéuticas do mesmo ou evitar o perigo para a saúde dos seus usuarios mediante o mercado ilegal do cannabis.
Sen embargo a investigación levada a cabo puido constatar a venda de substancias estupefacientes no interior dos locais polo que se procede a detención das persoas implicadas. 
Na asociación ubicada na Avenida de Vigo en Chapela prodúcese a detención de 3 varóns e unha muller incautándose 335 gramos de marihuana, 25 de hachis, 458 euros e básculas de precisión. 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: