Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O Colectivo Republicano organiza unha charla co exteniente Segura
Política • 30/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

"Criminalización do pensamento" é o título da charla que impartirá o vindeiro venres día 3 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira o exteniente das Forzas Armadas Luis Gonzalo Segura quen fora expulsado da organización militar por denunciar corrupción na cúpula do exército. Con este acto o Colectivo Republicano retoma a súa actividade en Redondela baixo a dirección do recentemente elixido presidente Xosé Antonio Leirós Fernández e co obxectivo de recuperar a masa social e apoio veciñal co que contou no pasado.

 


Luis Antonio Segura pasará por Redondela para manter unha charla coloquio este venres no Multiúsos da Xunqueira. Autor de libros como "Un paso al frente" ou "Código rojo" nos que denuncia as súas vivencias como militar e as súas reiteradas denuncias, primeiro ante os seus superiores e posteriormente ante a xustiza militar, sen que foran atendidas, o exteniente compartirá as súas experiencias e os casos que ven denunciando nos últimos anos.


Unhas denuncias que provocaron que o Ministerio de Defensa o expulsara do exército no ano 2015 por considerar unha falta moi grave as súas acusacións nos medios de comunicación. Actualmente Segura ven de presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional no que pide que se anule a súa expulsión das Forzas Armadas e se recoñeza que "se vulneraron os seus dereitos fundamentais".


De todo isto falará o vindeiro día 3 ás 19:00 horas no acto organizado polo Colectivo Republicano que retoma así a súa actividade logo de renovar a súa directiva. Xosé Antonio Leirós Fernández é o novo presidente e está acompañado por Markos Lareira como secretario, Gustavo Gallardo Pena na tesourería e Nuria Delgado Nadalpotro responsable de comunicación e redes sociais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: