www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Bas apoia a petición veciñal de crear unha saída da AP-9 en Torres de Padín
Sociedade • 30/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de reunirse cos membros dos colectivos representativos do tecido asociativo de Chapela, entre os que se atopaban representantes da Asociación de Veciños, da Comunidade de Montes, Asociación Cultural, Afectados pola AP-9, representantes das Anpas e do Club de Remo de Chapela, o alcalde amosou o seu compromiso público a reclamar a apertura dunha saída da autoestrada en Torres de Padín.


Comprometeuse tamén a "seguir presionando tanto a Audasa como a Fomento" para lograr "a gratuidade da Autoestrada entre Redondela e Vigo xa que é un tramo pequeno e que non ten ningún sentido que se siga cobrando".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: