Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

Os redondeláns consideran un "abuso" a subida da tarifa eléctrica
Sociedade • 27/01/2017
Autor: Ana Prieto

A factura da luz é un pesadelo para a maioría dos consumidores, sobre todo logo dos incrementos no prezo da electricidade dos últimos días, que acumulou un 40% de subida. O goberno explica que o aumento se debe á forte demanda, a escaseza de chuvia e o elevado prezo do gas. Pero para os consumidores estes incrementos non se xusitifan pola situación meteorolóxica. Están convencidos de que detrás están "os intereses das compañías eléctricas e os políticos".


Os redondeláns considerna un "abuso" e mesmo unha "estafa" este incremento. Moitos coo Teté culpan ás "portas xiratorias", as xubilacións "douradas" que os gobernantes teñen nas grandes compaías eléctricas cando se retiran da política. O goberno xa anunciou que o incremento no recibo da luz deste neste 2017 será dunhs 100 euros, con respecto ao ano anterior. Un aumento que para pensionistas como Manuel supón un "atraco" por parte das eléctricas. Os consumidores non entenden como "en plena vaga de frío" o goberno permita estes incrementos no recibo da luz, o que obriga a moitas familias a escoller entre dúas necesidades básicas como "comer ou quecer a vivenda". María José e Merchi apuntan que esta situación de pobreza enerxética se está a dar cada vez en máis fogares. A situación é tal, que ata a Xustiza vai investigar a alza da luz, logo de que marcara máximos en máis de tres anos en plena onda de frío. A Fiscalía Xeral do Estado abriu dilixencias para pescudar as razóns que orixinan "os sucesivos aumentos de prezo experimentados". Mentres os consumidores denuncian estar atados "de pés e mans" ante esta situación que consideran "abusiva", xa que o goberno tamén pon trabas ás enerxías renovables para o autoconsumo. David lamenta que se penalice a instalación de paneles solares, cando hai anos se fomentaba o seu uso. Mesmo a UE propón un plan sobre enerxías renovables que cuestiona as trabas á enerxía solar de Rajoy, e pide suprimir as restricións aos particulares que producen electricidade e que poidan vendela. Organizacións como Greenpeace calculan que un sistema eléctrico renovable podería reducir as facturas enerxéticas un 34%.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: