Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Unhas xornadas en Arcade abordan a saúde sexual, o empoderamento e o pracer feminino
Sociedade • 26/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Centro de Información á Muller de Soutomaior organiza unas xornadas nas que se falará de diferentes cuestión relacionadas coa saúde da muller, con especial fincapé nas diferentes situacións que atopamos en torno á maternidade e o parto, e a saúde afectivo-sexual. Unha actividade de balde que se desenvolverá na tarde de hoxe xoves e o venres no Multiúsos de Arcade.


Orientadas a profesionais do ámbito sanitario, educativo, xurídico e social así como a todas aquelas persoas interesadas na igualdade e na promoción da saúde, contará coa participación de epsecialitas nos diferentes asuntos que se abordan.


Así, na xornada inaugural de hoxe que arrancará ás 17:00 horas falarase de saúde materna con presenza de diferentes matronas e da presidenta da asociación de parteras de México, quen intervirá a través de skype.


O venres a programación arrancará ás 9:00 cunha mesa redonda sobre a identificación e impacto da violencia obstétrica por ausencia e por presenzas na que se abordarán cuestión como o parto domiciliario, a violencia obstétrica como violencia de xénero e a psicóloga Jesica Rodríguez centrará a súa intervención nos casos máis dramáticos en torno a morte xestacional.


As 10:30 haberá unha nova mesa redonda en torno aos retos para promover a saúde afectivo-sexual e o pracer, con intervencións de psicólogas e sexólogas e pechará as xornada a mesa redonda "Promovendo ser incómodas para estar cómodas".


As persoas interesadas en particpar poden inscribirse de xeito gratuíto no enderezo do Centor de Información ás mulleres cim@soutomaior.es ou chamando ao teléfono 986 701227.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: