www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O Partido Popular de Soutomaior nega ocultación de información e falta de transparencia no PXOM
Política • 25/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local rexeita as críticas do BNG e asegura que seguirá adiante coa aprobación do documentos urbanístico. Aseguran que a información que falta no PXOM débese a un erro do equipo redactor e que en canto se subsane será levado a pleno. O obxectivo é "aprobalo nos próximos días".


Non existe falta de transparencia nin mala fe, a única información que falta é unha relación explícita dalgunhas modificación de alegacións que a Xunta ordenou cambiar e que por erro non foi incorporada polo equipo redactor, aseguran dende o PP.


O goberno local engade que van traballar "para aprobar ese documento e non queremos que quede a máis mínima dúbida, por iso xa foi reenviado aos grupos políticos para que  poida ser aprobado nos próximos días".


Lembran que o PXOM foi exposto 3 meses "cando a normativa marca 2, e en período de información pública estiveron dous técnicos municipais no Concello e no multiusos de Arcade dando as explicacións pertinentes e proba diso foron as máis de 500 alegacións presentadas, o cal demostra a transparencia e legalidade  do proceso".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: