www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Roteiro por Monte Penide Prehistórico
Sociedade • 25/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Unha visitas guiadas polo arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela, director da posta en valor deste importante enclave arqueolóxico, que se desenvolverán nos últimos domingos de xaneiro, febreiro e marzo. A primeira das citas, promovida polo Concello de Redondela terá lugar este mesmo domingo día 29 con saída ás 10:00 horas e unha duración aproximada de tres horas.


Coñecer o patrimonio existente en Monte Penide/Mirallo, visitas a mámoas e os petróglifos e poñer en valor un espazo que conta ademais con novas pasarelas que dan acceso a algún dos restos arqueolóxicos máis salientables do conxunto prehistórico, é o obxectivo desta actividade que se vai desenvolver os domingos 29 de xaneiros, 26 de febreiro e 26 de marzo.


Unha actividade organiza polo concello completamente de balde e sen prescrición.


Un percorrido de tres 3 horas de duración e dificultade baixa con saída ás dez da mañá dende a mámoa do Rei.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: