Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

Marcos Montes: "Estamos nunha liña positiva pero hai que ser cautos e seguir remando"
Deporte • 24/01/2017
Autor: Ana Prieto

A vitoria da pasada xornada en Vilalonga permite ao Choco afastarse dos postos de descenso. O triunfo, con remontada incluída, serve tamén como inxección de moral no vestiario, que agora atravesa un mellor momento. Un revulisvo que serve tamén para afrontar con optmismo o partido do domingo en Santa Mariña ante o Rápido de Bouzas.


O técnico redondelán amósase satisfeito co traballo das últimas semanas, que mellorou a delicada situación que atravesaba o Choco. A recuperación dos xogadores lesionados, xunto coa incorporación dos reforzos Javi González e Caroi, está detrás deste rexurdimento do equipo. E o domingo demostraron que, malia ir perdendo 2-0 na segunda parte, o seu esforzo pode facer posible darlle a volta ao marcado. Marcos Montes celebra dobremente esta última vitoria polo que supón na clasificación e tamén polo que supón animicamente para o vestiario este paso en positivo. Os últimos resultados permiten aos xogadores ter "máis confianza", pero o técnico quere seguir cos pés na terra. Advirte que hai que ser "cautos" e seguir traballando sen perder a concentración para acadar o obxectivo da permanencia "sen apuros a última hora". O próximo rival será o líder, o Rápido de Bouzas. Montes quere restarlle importancia ao feito de que os vigueses encabecen a táboa, e fala "dun partido máis". Augura que será un partido difícil pero "moi igualado", no o Choco debe marcar os ritmos e estar ao cen por cen para acadar a vitoria. O técnico confía en que os afeccionados redondeláns se envorquen co equipo neste partido e ateiguen o estadio municipal de Santa Mariña para axudalos a acadar a vitoria. O encontro disputarase a partires das 17.00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: